2 dic 2008

Gaivotas no mar, voitres na terra

Tiña unha imaxe de Santiago desde o monte Pedroso, de postal, pero feita de moitos anos atrás, e pensei que xa era hora de renovala, así que alá me fun.
Ía dicindo para min que non poría verse coma moi real, pois facía sol, moito sol, para as fotos moi ben, Santiago chea de luz, pero..., aparecería a cidade sen a súa identidade, a choiva, ¡que lle iamos facer! Cadrou así o día. Con estas consideracións ía subindo sen fixarme en nada, pois a miña meta estaba alá arriba e non fixera mais que empezar. Cando o dar a volta a uns penedos dinme de fronte con un home.
- ¡Eh, amigo! ¡pare o carro! Que aquí estou eu - Sorprendeume, pois non contaba con il e así díxenllo, e contestoume todo airado.
- ¡Pois ai que estar ao loro! que se non turrante, ¿e logo? ¿que ves facer por aquí?.
- Conteille o que faría ao chegar ao alto, e comenteille que non me parecía a verdadeira imaxe de Compostela sen orballo. – dixo.
- ¡Malos tempos para a lírica! Para lembrar tempos pasados, para pensar na fermosura dun tempo que noutro lugar, se cadra chámanlle “mal tempo” e aquí formaba parte da beleza da cidade e o seu entorno.
- Raio, pensei, un poeta no Pedroso. Pregunteille quen era e que facía por alí e explicoume que chamábanlle “Pepe o tolo” inda que o seu nome era Remixio, pero, como se facía difícil recordalo puxéranlle o outro, e estaba por alí porque vivía alí. Eu mirei derredor e non vía casa algunha entón solteille.
- Onde, ¿aquí? - E respondeu enfadado.
- Non home, esta e unha esterqueira, ¿non ves que está cheo de lixo? ¿non ves as gaivotas? A miña casa está alí tras aqueles pelouros. – dixo sinalando unhas grandes pedras que estaban un pouco mais arriba.
- Perdoa, pero non vira nin o lixo nin as gaivotas ¿quen ía supor gaivotas, terra dentro?
- Pois si, a min recórdanme os voitres en África, cando iamos polo deserto e os víamos, xa sabiamos que estaban pendentes dunha morte, dun animal ou dun home, teñen, non sei, semella un olfato especial para saber onde asexa. E logo recollen os despoxos coma as gaivotas, e peléxanse o mesmo polo bocado mais apetitoso, ¡son uns bichos asquerosos!
- Así que estiveches en África, alí votarías en falta este verdor da Galicia ¿non?
- ¡Home claro! Pero tamén ai sitios con herba e outras plantas, como en Marrocos ou Arxelia.
- Ben, pero con montañas coma aquí non haberá ¿ou?
- Si home, iguales non son pero hainas parecidas. Mira eu estiven na lexión, e no meu tempo libre vestíame coma os mouros e facía amigos entre eles, regaláballes cousas que eles non porían conseguir, e eles tamén querían facerme regalos, eu dicíalles que non quería nada, que admiraba moito a súa forma de vida e quería conocer a xente, as cidades e sitios bonitos. Eles ensináronme a súa relixión, co Corán, fíxenme fillo de Alá, e casei cunha moza, filla dun xeque árabe amigo meu, conozo moitas cidades e inda estaría en Arxelia se non mataran a miña muller e toda a familia de seu pai, nunha vinganza. E mellor deixar a conversa que me trae moitos recordos, e logo dóeme a cabeza.
Calou deuse a volta e marchou cara aos penedos que antes me sinalara. Eu seguín o meu camiño para lograr a foto desexada, tería ca retocar co Photoshop para imitar o orballo e así recordar aquelo de que en “Santiago a chuvia e arte” sen embargo non podía evitar mirar de vez en cando cara atrás, e xuro que xa non vía gaivotas sobre o lixo, senón voitres voando en espiral sobre os despoxos dos humanos.

8 comentarios:

fonsilleda dijo...

Se cadra poñemos motes as xentes que non adoitamos clasificar. E as veces erramos e ao que é dor e cordura chamámoslle toleira.
Fermoso conto, boa historia.

Unknown dijo...

Sí, tes razón, ao longo da xeografía galega hai moito deso.
Grazas pola túa pegada na miña humilde morada, amiga miña.
Aledome moito de que che guste.

Bicos, paisana.

Infiernodeldante dijo...

Interesante conto. Voitres ou gaviotas, segun o lugar, cada un terá unha vision distinta do que sucede. Que tan tolo estaba Pepe? Moi bo. Foi un gusto lelo. Deixo un abrazo.

Unknown dijo...

O Remixio, estaba algo ido Dante. É normal despois do que tivo que aturar o probe… pero penso que hasta o máis tolo ten no seu maxín, reflexos da memoria de cando estaba cordo.
Graciñas polo teu comentario, sabes que sempre é ben estimado.

Un abrazo.

RosaMaría dijo...

Qué historia tan bien hilvanada! Dos personajes muy diferentes, cada uno con su locura, o tal ve no...quién puede decir si es verdadero o no el viaje? Todos somos capaces de retocar con Photoshop nuestros paisajes internos tanto como los externos.

Unknown dijo...

Me alegro mucho de que sea de tú gusto. En cuanto a la locura, quien no está un poco loco?
No importa si el viaje es verdadero o falso, lo que importa es si te he llevado conmigo por ese paisaje.
Gracias por leerme y comentar Rosi.

Un bico.

RosaMaría dijo...

De vuelta por aquí, volé hasta allí...Qué buen relato Balteu! Nos lleva de un continente a otro de la mano de Remixio... Ciertamente las gaviotas son carroñeras como buitres, como algunos S.Humanos.
Me encantó otra vez. Besos.

Unknown dijo...

Tú visita es siempre bien recibida compañera Rosa María, me alegra mucho que te gustara mi relato y agradezco mucho tus comentarios.

Bicos

Datos personales