10 ene 2015

Dos miolos dun gobernante



Estaba a lingua acomodada na súa cama rosa, ben gardada polos seus paxes dándolle aire de cando en vez, abrindo e pechando ás portas da entrada e movendo ás cortinas da estancia, todos eles dun branco impecable.
Cando chegou recado da máis alta esfera que dicía: Érguete axiña e ponte a traballar pois tes que dar un Mitin, falando de seguido tres horas parando só para beber auga, non importa demasiado o que digas, pero tes que levar o pensamento dos oíntes por enguedellados labirintos sen que se decaten que non lles dis nada e se dormen, entón será o teu éxito.   

Datos personales