5 oct 2008

“ AS PERAS PEGAS “



Certo día acompañaba a meu avó, que tamén era meu padriño, coidando as vacas, cando se me acordaron as “Peras Urracas” sentira falar delas na casa do meu padriño e non sabía o que eran, pregunteille entón a él si as coñecía, díxome.

- ¡Home ese e un bo conto! verás ¿ti sabes o que son as urracas?

- Padriño a min no colexio enseáronme cas urracas eran uns paxaros un pouco ladróns, porque nos seus niños aparecían aneles, e hasta reloxos, e todo aquelo que tiña algo de brilo, que son un pouco mais pequechos cos corvos, teñen unha cola de plumas negras tan largas como o seu corpo, por riba son negras e por baixo son brancas.

- Moi ben (díxome o padriño) esas son. Aquí nos, chamámoslle pegas.
Pois verás, a xente foi deixando as arbores frutáis das que non recollía froita, sen coidar, sen podar, e claro os froitos foron cada vez máis pequenos e máis bravos.

- Naquel tempo apareceu por aquí un peregrino castelán que viña esfameado, e pediulle a Rosiña do Capado que lle dera algo de comer, a Rosa virou a cabeza cara unha pereira que estaba chea de froita e díxolle a o camiñante.
“ Pode comer as peras que queira ”.
Aquel home colleu unha e mordeu un anaco, cuspindo deseguida e dicindo que aquelas peras non as comían nin as urracas, e desde aquela esas peras chámanse así, con ese nome castelán, pero coido que esta froita so se dá aquí. Pois o Sito do Pillado, que era él moi espabilado e que tiña moitos perais destes, se lle ocurriu unha maneira de aproveitalos. Probou a inxertalos con outras arbores, hasta que deu con un Peruco, e podando e inxertando conseguiu que a pesares de que as peras teñen un lixeiro pique a bravío, son doces, e ise pique as fai máis ricas.

- Padriño, alí enriba hai unha pereira ¿e das urracas? Preguntei eu.

- Non aquela dá peras de inverno, chámanse de “ manteiga ” e son grandes, polo de agora están moi duras, fáltalles moito tempo, mira aló abaixo, aquela outra tenas pequenas, vai e si encontras algunha madura, cómea a ver si é das coidadas ou das bravas.

Alá fun, e comín dúas ou tres, collín outras tantas para o meu padriño e berreille coa boca case
chea.

- ¡ Padriño son das coidadas, están boas !

E a boa fe que estaban ben boas.

5 comentarios:

Infiernodeldante dijo...

Ningunha froita sabe mellor que a que se come rubido ao arbol. Co meu avó, aínda que non era o meu padriño, haciamos o mesmo nun arbol de mouras da casa. Cando me baixaba do arbol coas mans e a cara negra de fartarme comendo mouras o que brillaba era a man da miña avoa no aire porque non comia a comida, jaj. Moi bo relato. Un gusto lelo.

Unknown dijo...

¡Qué razón tes, amigo meu! ¡comer la froita en orixe! é a máis saborosa.
Graciñas polas túas letras con anécdota e todo, moi bonita, o gusto e meu terte por aquí.
Unha aperta forte.

Froiliuba dijo...

possssssssss
niidea q pone eh

RosaMaría dijo...

qué dulzura de relato, me encantó. Podés poner un traductor en tu blog, aunque yo lo entiendo todo, veo que a alguén le gustaría leerte.
Besote.

Unknown dijo...

Gracias Rosi, miraré lo que me dices, no obstante todos deben saber, que tengo un rincón para cada idioma de los dos hablados, aún así, estoy dispuesto a traducir aquello que alguien no entienda, solo tienen que decírmelo.

Un bico.

Datos personales