21 ene 2009

Malos tratos

Antón é un home abandonado pola deusa fortuna en momentos puntuais, se cadra, cando máis precisaba dela.

Casado de primeiras cunha muller absorbente de moito xenio, que facía del un pandeiro. Mentres a ela lle durou a paixón polo baile, o seu home era o seu ídolo, agora ben; non tiñan fillos, empezou a engordar e con aquelas trazas, non lle facía graza ningunha o baile, ademais el, polo seu traballo tiña que viaxar e ela botaba a semana aburrida na casa.
Aos poucos anos decidiron separarse, ben, decidiuno ela e a el non lle quedou outro remedio. Tivo que deixarlle a vivenda e pasarlle unha paga de catrocentos euros, e marchar para unha pensión.

Ao principio Antón colleu unha depresión e tivo que quedar de baixa a tratamento médico, logo cambiou de destino no choio. A súa empresa deulle o traballo de gardar e manter un centro que tiña vivenda, alí recuperouse e vivía de solteiro. Un bo día pensou en comprobar se o que dicían das cubanas era certo.

Marchou a Cuba de vacacións, alí era coma un cubano máis, de pel moura e co ben que se movía cos ritmos da illa ninguén diría que era doutro sitio. Coñeceu varias mulleres que querían comprometelo, pero coma tiña a lección aínda fresca, non se deixou. Volveu moi contento,aprendeulles aos amigos canto baile coñecera e amosoulles as fotos que de aló fixera, pasou a ser o amo nas discotecas, as rapazas querían danzar con el e facían corro para velo. Conforme pasaba o tempo estaba máis ledo por aquela visita e polos resultados que obtiña, así que, propúxose aforrar para visitar de novo aquel país e coñecelo mellor. Foi a Varadero e gustoulle, tanto, que volveu máis anos, tratou cunha mulata que lle deu o que el quería e deixouno toliño, presentoulle a familia e eles pedíronlle que a levara de alí, que aquela non era vida para a nena, que o pasaba mal cando el marchaba e que claro, tiñan que casar ou Antón perdería o forno onde cocía o seu pan. O home pensou que a rapaza pagaba a pena, casou con ela e tróuxoa para España.

Pasaron uns anos moi bos, ela ao cambiar de réxime de comidas fíxose máis muller, eran a envexa de todos, de el pola femia que levaba do brazo e dela polo corpo que botara. Pero dura pouco a ledicia na casa do pobre, a empresa cambioulle o traballo, xa non precisaban que gardara aquel centro porque a electrónica encargábase diso, permitíanlles seguir vivindo alí, pero el tivo que viaxar de novo, non botaba toda a semana fóra, pero chegaba moi tarde de traballar e cando tiñan unha avaría, tiña que desprazarse para tentar de amañala fora o día que fora e a calquera hora, ela aburríase. Algún espabilado deuse conta de que a pomba estaba abandonada e comezou a facerlle as veiras.

Por outra banda os plans do goberno para ampliar e mellorar o camiño de ferro, obrigaban a tirar a vivenda que usaban e a empresa advertida de tal circunstancia, deulles un prazo para abandonala. Antón pediu axuda económica á empresa, que lla concedeu sen problema e hipotecouse cun banco para mercar unha nova noutra cidade.

Ao cabo de pouco tempo a morena díxolle ao seu home, que se aburría e pasaba medo cando quedaba soia e como a súa mai quedara viúva, íalle mandar cartos para que viñera a vivir canda eles, Antón aceptou, calquera cousa por ter a súa rula contenta.

Ah, pero un día que volvía do traballo e as mulleres aínda estaban espertas, nada máis entrar na vivenda, saíronlle ao encontro ensinándolle un mandamento xudicial, que o obrigaba a manter unha considerable distancia da súa dona, entón se enterou de que fora denunciado por malos tratos, déronlle as súas cousas e botárono fóra ameazándoo con chamar á policía, de nada serviu que pedira explicacións, as dúas mulleres estaban de acordo e dispostas a cumprir a ameaza.
Antón vive agora nun cuarto de aluguer con dereito a cociña, está a espera de que lle saia o xuízo por malos tratos. Ten que botar contas, presentindo que logo terá que pasarlle cartos á mulata e que terá que seguir pagando a hipoteca da vivenda, sumando o que lle paga á primeira muller, máis o costo da habitación. Pensa que está a volverse tolo.

Lembrou que de pequeno, a súa mai poñíalle á Virxe unhas candeíñas de aceite, pareceulle unha boa medida para aforrar cartos en luz. Filtrou dúas veces o aceite de fritir o peixe e puxo varias polo cuarto, dándolle un aspecto lúgubre de luz e sombras.
Acaba de chegar de beber viño da taberna e sentado no chan, conta os cartos que quedarán para comer, beber e tabaco. As contas non saen e mira cara ao coitelo que está pousado sobre a mesa, mentres as candeíñas van consumindo o aceite, a súa luz esmorecida vaise apagando, a penumbra apodérase do antro.

14 comentarios:

fonsilleda dijo...

Xa, parecera que todo vai enriba dos probes.
Bo conto paisano. Haberá que tomar boa nota pa non bater con unha pedra de ese xeito ¿non si?
Biquiños

Unknown dijo...

O conto paisana, éche verídico e o protagonista, se non o pecharon por tolo, ou se non se matou, aínda debe de andar non moi lonxe de aí, era un compañeiro de traballo.
De todos os xeitos penso que ti, estás ben libre de esas pedras e eu… coma di o outro, non podo dicir de esa augo non beberei, nin ese cura non é meu pai.
Un bico.

Infiernodeldante dijo...

Sen dúbida, Anton era un home abandonado pola fortuna. Din que o home é o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra, e este é un claro exemplo diso, amigo Balteu. Que Divos se apiade de Anton. Foi un gustazo, como sempre, pasar pola túa casa. Deixo un abrazo.

Unknown dijo...

Sen dúbida algunha Dante, é un home abandonado, quizais ate por il mesmo, é o típico que logo que conseguiu algo, non o coida, e claro, pérdeo.
Graciñas por seguirme a pista e deixar a túa pegada aquí.

Unha aperta.

RosaMaría dijo...

Unos nacen con estrella y outros nacen estrellados. Me encantó, un cuento que como todos, tiene mucho de realidade.
Balteau: tengo que pedirte un favor: dejé un amiguiño de 11 añitos que tiene un blog que le enseñé a fazer yo. No lo leen mucho, podrías hacerle una visita? Él escribe en gallego, tiene una inteligencia fuera de serie, tal vez leyéndote tanto a vos como a fosilleda, se largara más. Gracias amigo. Hasta tu nuevo relato que seguro hará las delicias de todos como este. Un abrazo.

O blogue de Manuel

Unknown dijo...

Gracias por leerme y comentar Rosa María. Me encanta lo que dices del niño y no es ningún favor, lo hago de buena gana, pero no sé si con lo que dejaste escrito será suficiente para llegar a él, hubiera sido mejor dejar un enlace o la dirección, de todas formas voy a intentarlo.

Un racimo de bicos para ti.

CharlyChip dijo...

Real como la vida misma...

Gracias por tu visita en Creatividad a flor de piel.

Me ha gustado ver tus blogs y más todavia coincidir con alguien de aca, en el tiempo que llevo escribiendo no había contactado con nadie de tan cerca salvo cuando escribia en el QUE.

Un saludo

Unknown dijo...

Pues sí, casi todo es real, pero así está la vida.
Mi paseo por tu blog fue muy agradable, porque es muy bonito e interesante, si me lo permites seguiré visitándote y además de agradecerte tu visita, debo decirte, que me alegrará mucho que tu también me sigas visitando y comentes lo que quieras.

Un cordial saludo.

EL AVE PEREGRINA dijo...

Amigo Balteu atopeite de casualidade,
direiche que como o Antón haiche moitos...Por desgracia...

Un saúdo agarimoso.

Unknown dijo...

Xa, e certo que hai moitos, tes razón, pero os outros non os coñezo, por iso falo de Antón, que pode chamarse con outros nomes.
Graciñas por atoparme e parar a ler e comentar.

Un acio de bicos pra ti

César dijo...

Un final aterrador, chaval...A vida vista dende a outra parte....políticamente incorrecto..ufff....vante prender por defender a posibilidad...

E por faer pensar...

Apertas..

Unknown dijo...

Non hai coidado compañeiro, xa estou preso.
Agradézoche a visita e as palabras deixadas no comentario, quedo ledo por saber que che fixen pensar, xa é algo.

Unha aperta.

RosaMaría dijo...

Cuántas desventuras y que temple el del Antón, desperdicio de hombre. Un abrazo cariñoso.

Unknown dijo...

Sí, es verdad Rosa María, este Antón era un pobre diablo, buen chico, pero demasiado confiado quizás. No sé qué sería de su vida, pero por el camino que llevaba, puede acabar de cualquiera manera.
Muchas gracias por pasarte por aquí y dejarme tu huella.

Bicos

Datos personales