5 oct 2008

“ AS PERAS PEGAS “



Certo día acompañaba a meu avó, que tamén era meu padriño, coidando as vacas, cando se me acordaron as “Peras Urracas” sentira falar delas na casa do meu padriño e non sabía o que eran, pregunteille entón a él si as coñecía, díxome.

- ¡Home ese e un bo conto! verás ¿ti sabes o que son as urracas?

- Padriño a min no colexio enseáronme cas urracas eran uns paxaros un pouco ladróns, porque nos seus niños aparecían aneles, e hasta reloxos, e todo aquelo que tiña algo de brilo, que son un pouco mais pequechos cos corvos, teñen unha cola de plumas negras tan largas como o seu corpo, por riba son negras e por baixo son brancas.

- Moi ben (díxome o padriño) esas son. Aquí nos, chamámoslle pegas.
Pois verás, a xente foi deixando as arbores frutáis das que non recollía froita, sen coidar, sen podar, e claro os froitos foron cada vez máis pequenos e máis bravos.

- Naquel tempo apareceu por aquí un peregrino castelán que viña esfameado, e pediulle a Rosiña do Capado que lle dera algo de comer, a Rosa virou a cabeza cara unha pereira que estaba chea de froita e díxolle a o camiñante.
“ Pode comer as peras que queira ”.
Aquel home colleu unha e mordeu un anaco, cuspindo deseguida e dicindo que aquelas peras non as comían nin as urracas, e desde aquela esas peras chámanse así, con ese nome castelán, pero coido que esta froita so se dá aquí. Pois o Sito do Pillado, que era él moi espabilado e que tiña moitos perais destes, se lle ocurriu unha maneira de aproveitalos. Probou a inxertalos con outras arbores, hasta que deu con un Peruco, e podando e inxertando conseguiu que a pesares de que as peras teñen un lixeiro pique a bravío, son doces, e ise pique as fai máis ricas.

- Padriño, alí enriba hai unha pereira ¿e das urracas? Preguntei eu.

- Non aquela dá peras de inverno, chámanse de “ manteiga ” e son grandes, polo de agora están moi duras, fáltalles moito tempo, mira aló abaixo, aquela outra tenas pequenas, vai e si encontras algunha madura, cómea a ver si é das coidadas ou das bravas.

Alá fun, e comín dúas ou tres, collín outras tantas para o meu padriño e berreille coa boca case
chea.

- ¡ Padriño son das coidadas, están boas !

E a boa fe que estaban ben boas.

Datos personales